O Concello de Mondoñedo revela os gañadores dos XIII Leiras Pulpeiro e XXV Díaz Jácome

AMariñaXa
Procúrase con estes certames premia a creatividade poética galega
xurado-2024-mondoñedo
15 Dec 2024

O Concello de Mondoñedo anunciou os gañadores dos XIII Premios de Poesía Leiras Pulpeiro e dos XXV Premios de Poesía para Novos Creadores Díaz Jácome. O fallo correu a cargo dun xurado composto por Armando Requeixo, crítico literario e coordinador da Casa Museo Álvaro Cunqueiro, e os profesores Aurita Ramil e Chema Felpeto.

Nos Leiras Pulpeiro, o primeiro premio foi para Quico Valeiras, de O Carballiño, co poemario 'Fóra do propio'. O segundo galardón recaeu en Yolanda López, de Ourense. O terceiro premio foi para Xoán Francisco Pérez Argibay, de Compostela, co poemario 'Os ollos da demencia'.

Pola súa banda, no certame Díaz Jácome para novos creadores, o primeiro premio foi para Daniel Chapela, de Bueu, coa obra 'Traxedia en tres actos'. O segundo premio distinguiu a Paula Currás, de Cambre, por 'Diseccionar a tinta'. Finalmente, o terceiro premio foi para Saray Rodríguez, de Ourense, co poemario 'Homónima'.

O edil de Cultura, Alberto García, felicitou aos galardoados e convidounos aos actos de entrega, que se celebrarán en decembro no salón de plenos da Casa do Concello. O acto dos Díaz Jácome terá lugar o sábado 21, e o dos Leiras Pulpeiro, o 28, ambos ás 12.00 horas. García destacou que estes certames consolidan a Mondoñedo como un epicentro cultural galego, en harmonía con outros premios locais como o de Novela Álvaro Cunqueiro, organizado en colaboración coa Xunta.

 

0.16431593894958