O Concello de Mondoñedo restaurará un inmoble que se atopa en malas condicións

AMariñaXa
O Concello de Mondoñedo vén de comunicar da próxima restauración dun inmoble que se atopa en malas condicións e que xera risco
camanar casa mondoendo camino norte
30 Ago 2022

O Concello de Mondoñedo vén de comunicar da próxima restauración dun inmoble que se atopa en malas condicións e que xera risco e incide negativamente na paisaxe do Camiño.

O edificio no que se actuará é unha edificación con semisoto, planta baixa e planta primeira. Estivo dedicado a vivenda, pero na actualizade non ten un uso específico. A casa foi cedida ao Concello no do 2003 e o pleno aceptou a cesión en 2007.

O orzamento de licitación ascende a 38.000 euros e o prazo estimado para a execución das obras é de tres meses. E o Concello logrou unha subvención de 20.000 euros do Instituto de Estudos do Territorio para rehabilitar un edificio en San Paio para usos culturais relacionados co Camiño Norte.

Coa execución do proxecto de rehabilitación, o goberno local dá solución a un inmoble que herdou en condicións lamentables e que, polo estado de deterioro no que se atopa, xera inseguridade e afecta aos propietarios lindeiros.

0.18014907836914