O Concello de Mondoñedo repuxo elementos do Parque da Lembranza

AMariñaXa
O Concello de Mondoñedo estivo esta semana repoñendo diferentes elementos de xogo para nenos no Parque da Lembranza
parque lembranza mondonedo
14 Xan 2022

O Concello de Mondoñedo estivo esta semana repoñendo diferentes elementos de xogos infantís no Parque da Lembranza no que habitualmente celébrase a inauguración das xornadas Abrindo Camiño.

O parque da Lembranza conta tamén cunha palmeira e unha placa conmemorativa que se puxeron en homenaxe á emigración nas xornadas do peregrino Abrindo Camiño de 2020.

Este parque atópase a beira do cemiterio vello onde fican algúns importantes mindoniense como Manuel Leiras Pulpeiro, Pascual Veiga e Álvaro Cunqueiro.

0.15797305107117