O Concello de Mondoñedo rematou a rehabilitación do hórreo de San Paio

AMariñaXa
O Concello de Mondoñedo rehabilitou un hórreo no núcleo de San Paio. O proxecto contou cun investimento que supera os 10.300 euros
horreo mondonedo restaurado parroquia san paio
27 Oct 2021

O Concello de Mondoñedo rehabilitou un hórreo no núcleo de San Paio cunha achega do Goberno autonómico. En total, o proxecto contou cun investimento que supera os 10.300 euros, dos que o 75% son aportados pola administración autonómica e, o 25% restante, con fondos propios.

Trátase dun hórreo tipo Mondoñedo que se atopa sobre o Camiño Norte e que simboliza o patrimonio etnográfico asociado ao trazado xacobeo.

A Concelleria de Camiño Norte, María Patricia Otero Doural, destaca o compromiso que este goberno municipal e autonómico teñen co patrimonio e coa posta en valor do mesmo, especialmente en puntos tan sensibles como é o trazado do Camiño Norte.

Indicou tamén que esta actuación vai servir para que os peregrinos a Santiago leven unha imaxe moi positiva do seu paso por Mondoñedo, derivada da gran sensibilidade que se amosa dende o goberno local co patrimonio.

Esta é una importante iniciativa máis que se une a outras moitas accións de mantemento, conservación e posta en valor do patrimonio local e do Camiño de Santiago ao seu paso por Mondoñedo.

horreo san paio mondonedo antes e despois

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16172194480896