O Concello de Mondoñedo pon en marcha un servizo gratuito de impresión de material escolar

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
10 Abr 2020

O Concello de Mondoñedo, mediante a concelleria de xuventude, en coordinación cos centros educativos do municipio, CEIP Álvaro Cunqueiro e IES Plurilíngüe San Rosendo, poñen en marcha o servizo de impresión gratuita de material educativo para os pais/nais/titores e alumnos/as que non dispoñan de conexión a internet ou equipos informáticos.

Así pois, tamén terán acceso a este servizo aqueles alumnos/as de FPs ou titulacións universitarias que se atopen na mesma situación.

As familias que non teñan acceso a internet poderán solicitar o servizo persoandose no Concello e acceder vía online ao material enviado polo centro para a posterior impresión ou mediante vía telefónica.

As que teñén acceso a internet poderán solicitar o servizo no Concello, por teléfono, reenvíando o email cos arquivos a xuventudemondonedo@gmail.com.

A recollida do material impreso no Concello, farase os luns, mércores e venres en horario de 9.00 a 14.00 e mediante cita previa telefónica

Ofertase tamén o servizo de entrega no fogar dos materiais educativos. Neste caso, cando se solicite o servizo de impresión, deberán facilitar un teléfono de contacto ao cal, unha vez impreso o material, se lles notificará cando se fará a entrega do mesmo.

0.19667506217957