Mondoñedo organiza esta fin de semana un taller de creación cinematográfica

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Mondoñedo organiza esta fin de semana un taller de creación cinematográfica, que impartirá a directora vasca Jaione Camborda.
Concello de abadin
13 Feb 2019

O Concello de Mondoñedo organiza esta fin de semana un taller de creación cinematográfica, que impartirá a directora vasca Jaione Camborda. En concreto, Camborda, que rodou unha parte do seu filme Arima en Mondoñedo, centrará este curso na introdución ao cinema documental.
O taller desenvolverase na sala de conferencias do Centro Comarcal de Mondoñedo durante o sábado e o domingo, en horario de mañá (10:00 a 14:30 horas) e tarde (16:00 e 18:30 horas).
Dende a organización explican que este taller sobre cinema documental diríxese a mozos de entre 14 e 17 anos. Os interesados, de xeito gratuíto, poderanse anotar ata as 19:00 horas do venres (15 de febreiro) na Oficina de Turismo ou por wasap no teléfono 619 085 304
O Goberno municipal ve en Mondoñedo unha cidade cun amplo número de recursos e de atractivos tanto naturais, como culturais, patrimoniais e históricos que fan da localidade un lugar moi axeitado para a gravación de diferentes xéneros cinematográficos e, “por suposto, é o berce tamén propicio para relatos documentais”.

0.19438099861145