O Concello de Mondoñedo e a patronal publican unha guía do comercio local

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
2 Ago 2019

O Concello de Mondoñedo e a Ascociación de Comerciantes e Industriais e Autónomos, ACIAM, no seu labor a prol do comercio local, ben de rematar un traballo de varios meses de recollida de datos para a creación dunha Guía do Comercio Local.

Tras varias comunicacións á cidadanía solicitando a súa colaboración ao longo deste tempo, chegáronse a recoller máis de 300 negocios que agora van a saír á luz nunha guía de man.

Neste momento, os datos recollidos, antes da edición, pasan a exposición pública ata o día 15 de setembro (incluído) para correccións de erros da mesma por parte dos interesados.

Esta exposición pública está nas oficinas centrais do Concello de Mondoñedo e na Oficina de Turismo, onde haberá unha copia impresa para que os interesados a poidan revisar, corrixir ou aumentar as referencias da mesma.

 

0.18428492546082