O Concello de Mondoñedo convoca dúas prazas de policía local
O Concello de Mondoñedo acordou o 3 de xaneiro de 2019 aprobar a convocatoria e as bases para o proceso selectivo de dous auxiliares de policía local, que realizarán as funcións de apoio e auxilio aos membros do corpo da Policía Local deste Concello no marco do disposto na lexislación de corpos e forzas de seguridade, sempre acompañados de persoal funcionario de policía local na súa quenda de servizo, de xeito que poidan controlar, complementar ou corrixir, se é o caso, a actividade laboral do auxiliar.
Trátase dun contrato laboral temporal, de catro meses de duración prorrogables a outros dous a xornada completa. Traballarán en quendas de luns a domingo cos descansos semanais que establece a lei.
Os requisitos demandados para este posto de traballo son posuír unha estatura mínima de 1,65 m para os homes e 1,60 para as mulleres, así como non ter sentenzas en contra e ter o título da ESO.
As persoas interesadas teñen á súa disposición as bases deste proceso, nas oficinas do Concello, de luns a venres de 9 da mañá a 14 horas. No caso de envío de solicitudes por correo, rógase o aviso por fax ao 982 507 421. O prazo para entrar no proceso selectivo do concello remata o próximo 14 de xaneiro.