O Concello de Mondoñedo colabora na realización dun programa de formación para a dixitalización de mulleres
O Concello de Mondoñedo colabora na realización dun programa de formación para a dixitalización de mulleres.
Ten como principal obxectivo mellorar as capacidades dixitais de mulleres en xeral, pero prioritariamente de mulleres desempregadas residentes en zonas rurais. Con este proxecto preténdese ademáis favorecer a capacidade de empregabilidade, impulsar o emprendemento e desenvolvemento rural e reducir a fenda de xénero.
O itinerario formativo consta de tres cursos, as competencias dixitais básicas, as avanzadas, as dixitais para o emprendemento e un módulo de igualdade de oportunidades.
Este programa ten como vantaxes a obtención dun título oficial acreditativo, aprender competencias dixitais para o día a día, para a empregabilidade e para o emprendemento. E ademais entregarase un ordenador pórtatil totalmente gratuíto, co que poderán poñer en práctica todo o aprendido.
A formación impartirase no Pazo de Santo Tomé dende o 8 de xuño ata o 19 de xullo.
Para máis información poden acudir ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Mondoñedo e a través do teléfono 982 524 003, extensión 8 ou chamar ó teléfono 698 197 518.
O proxecto está organizado por Beproject consultores e Araformación e está financiado pola Unión Europea no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través da Xunta de Galicia.