O Concello de Mondoñedo aproba o orzamento para 2024 que incrementa a achega para servizos sociais

AMariñaXa
O PSOE de Mondoñedo reivindica a súa experincia na política municipal “para gobernar o municipio así como o coñecemento de xestionar”
Equipo goberno Mondoñedo 2023
4 Dec 2023

O Concello de Mondoñedo aprobou o orzamento para o ano 2024 que ascende a 3.814.618,50 euros cunha “forte aposta” polos servizos sociais. As contas municipais para o próximo exercicio estarán vixentes a comezos de ano de forma que “permitirán ao Concello seguir traballando con estabilidade e previsión, como se fixo todos estes anos dende o 2015”.

O orzamento reflicte o compromiso do Concello “coas persoas que máis o necesitan como maiores e dependentes”. De feito, o goberno local incrementa a partida dirixida a servizos sociais: “centraremos esforzos en manter uns servizos sociais dignos de admirar”, segundo subliña a concelleira de Facenda, Ángeles Rodríguez.

O goberno mindoniense continúa apostando tamén pola área Rexurbe de cara á dinamización económica e social do municipio e pola implantación de empresas no polígono industrial para favorecer a creación de postos de traballo. Neste eido, o Concello dirixe fondos propios a unha liña de axudas para o asentamento de actividade no polígono industrial.

Os orzamentos contemplan o mantemento dos servizos públicos básicos “imprescindibles para a cidadanía” como a recollida  e o tratamento de residuos, a iluminación pública – garantindo un servizo eficiente reducindo ao máximo os custes- e o coidado das zonas axardinadas”. Igualmente, apostan por manter os servizos no ámbito cultural e deportivo atendendo ás necesidades e demandas sociais.

O goberno local trata de “actuar con prudencia” e conter o gasto en investimentos. Con todo, contempla desenvolver actuacións polas distintas parroquias como vén realizando nos últimos anos, “priorizando aquelas obras de máis necesidade”. Desenvolveranse con fondos procedentes doutras administracións e tamén con fondos propios. De ser necesario, efectuarán modificacións de créditos para aportar os fondos necesarios.

0.13251090049744