O Concello de Mondoñedo acolle as xornadas Abrindo Camiño

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Mondoñedo acolle as xornadas Abrindo Camiño - 2020, o venres 2 de outubro.
1
30 sep 2020

O Concello de Mondoñedo acolle as xornadas Abrindo Camiño - 2020, o venres 2 de outubro.

Este encontro comezará o ás 12.30 cun percorrido simbólico no Camiño Norte e acto seguido no parque da Lembranza colocarase unha praca conmemorativa homenaxe aos ilustres devanceiros. Contará coa asistencia dos profesores e alumnos do IES San Rosendo e do Ceip Álvaro Cunqueiro e haberá unha disertación de Armando Requeixo, profesor e  Coordinador da Casa Museo Álvaro Cunqueiro; Ramón Reimunde profesor e directivo do GLLP Grupo Literario Leiras Pulpeiro; Carballal, director da Escola de Musica Municipal de Mondoñedo; Aida Menéndez, profesora,  presidenta da Asociación Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra; Felipe Debasa, profesor da Universidad Juan Carlos de Madrid e coordinador do Proxecto Mondoñedo Valley; Wilma Leivas voceira da Plataforma Cidadá Comarca de Mondoñedo Unida; Alberto García, concelleiro de Cultura do Concello de Mondoñedo e todo este acto contarán co acompañamento musical de César Morán e Eloi Cabanas.

Pola tarde, de 16.00 a 18.00 horas haberá unhas reunións de traballo no Pazo Santomé, e contarán coas Asociacións e Fundacións Galegas de Amigos do Camiño de Santiago cos representantes da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo así como cos promotores do futuro Museo Leiras Pulpeiro e representantes do Concello de Mondoñedo, cos representantes da familia de Manuel Leirase do GLLP Grupo Literario Leiras Pulpeiro.

Ás 18.00 horas será a quenda do paseo guiado por Mondoñedo con visitas, ao Museo das Zocas,  ao Museo da Imprenta e a Casa-Museo Álvaro Cunqueiro.

Ás 19.00 horas será a presentación do proxecto O Camiño Cultural das Catedrais, no que participan Elena Candia . Deputada do Parlamento de Galicia; Sara López Pérez, arquitecta; Xurde Morán, escritor de Xixón especializado nos Camiños do Norte;J avier Gomez Vila, presidente da Asociación Vía Kuning; Luis Fernández Ansedes, presidente da Asociación Abrindo Camiño de Amigos do Camiño Norte, das Comarcas da Mariña e “a Terra Chá. Este acto estará presentado por Isaías Calvo, director da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

A continuación, de 19.45 horas a 20.30 horas será o tempo do Encontro Cultural e Musical arredor das escritas sobre O Camiño de Santiago, do escritor Álvaro Cunqueiro, publicados no Xornal El Faro de Vigo e compilados no libro Por el Camino de las  Peregrinaciones.

Neste acto participarán Francisco Singul, doutor en Historia e Investigador da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo; Armando Requeixo, secretario do CRPIH e profesor da USC; e César Moran, músico e escritor. 

Xa ás 21.00 horas na praza da Catedral de Mondoñedo a Banda de Música Louband Street fará un concerto.

0.17217397689819