O Concello de Mondoñedo abre o prazo para presentar alegacións á reforma da praza
O Concello de Mondoñedo, segundo informa o goberno municipal, abre un prazo de 10 días para que quen o considere oportuno poida presentar alegacións e suxestións ao proceso de reforma da praza da Catedral.
O equipo de goberno mindoniense agradece as aportacións para esta iniciativa, que suporá unha considerable mellora na imaxe dunha das prazas máis emblemáticas de Mondoñedo.
O Concello tamén solicitou a mediados do pasado mes de xaneiro suxestións de todos os grupos políticos “debido a transcendencia que este espazo público ten na vida cultural e económica da veciñanza”.
Para dar difusión ao proxecto, foi publicado na páxina web do Concello. O acceso ao proxecto pódese facer en soporte dixital na dirección electrónica http//www.concellomondonedo.es e en soporte físico nas oficinas municipais en horario de atención ao público.
Os responsables municipais teñen en alta consideración a participación cidadá nos asuntos públicos. Ata tal punto é así que a participación cidadá é unha das bandeiras, dos baluartes, do goberno local. De feito, porque é así, Mondoñedo conta cunha concellería de participación.
Hai que recordar que semanas atrás o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana confirmou unha aportación a cargo do 1% cultural, por importe de 194.054 euros; o Concello dedicará a este fin 64.684 euros, cantidade coa que se completa o orzamento dos traballos que se levarán a cabo.