O Concello de Lourenzá repartiu máscaras aos nenos
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
6 Maio 2020
O Concello de Lourenzá está a repartir máscaras entre todos os nenos menores de 14 anos e xunto con elas reciben un diploma do Concello polo seu bo comportamento ante esta pandemia do Covid-19.
Esta partida de máscaras infantís son fabricadas 100% no taller de costura de Lourenzá e sumanse ás máis de 3.000 unidades de adulto que levan repartidas. Tamén se lles está agasallando cunha lambetada donada polo supermercado Eroski de Lourenzá.
Lembran que para aquelas persoas que aínda non dispoñen delas que ambos modelos están tamén dispoñibles gratuitamente na parafarmacia Conde Santo ou chamando ao teléfono de Servizos Sociais 982 121 036.