O Concello de Lourenzá prepara unha serie de actos para conmemorar o 25N
AMariñaXa
O Concello de Lourenzá prepara unha serie de actos para conmemorar o 25N, Día en Contra da Violencia de Xénero.
17 Nov 2021
O Concello de Lourenzá prepara unha serie de actos para conmemorar o 25N, Día en Contra da Violencia de Xénero. Así, haberá un obradoiro de pintura mural baixo o lema A creatividade como recurso armónico de benestar natural, que se impartirá o mesmo xoves 25.
Para participar no obradoiro haberá unha reunión previa o xoves 18 ás 17.00 horas na sala Torreón dos Frades, onde a pintora creadora do proxecto explicará en que consiste e tomará nota das persoas que desexen participar.
O domingo 28 ás 12.00 horas será a inauguración do mural e a lectura do manifesto contra a violencia de xénero, todo elo na praza do Conde Santo.