O Concello de Lourenzá mellorará a cuberta da nave principal do recinto feiral
AMariñaXa
O Concello de Lourenzá vai mellorar a cuberta da nave principal do recinto feiral. Sustituíndo a cuberta actual de fibrocemento por outra.
28 Maio 2021
O Concello de Lourenzá vai mellorar a cuberta da nave principal do recinto feiral. Así, os traballos consistirán na sustitución da cuberta actual de fibrocemento por outra cuberta nova de panel de sandwich.
A obra financiase dentro do programa de subvencións para proxectos de rehabilitación e reforma de mercados municipais, cofinanciados co FEADER e a Conselleria de Medio Rural. O importe das obras ascende a 47.700 euros.