O Concello de Lourenzá fixo melloras nas estradas de San Adriano e Santo Tomé
AMariñaXa
O Concello de Lourenzá estivo a facer esta semana traballo de aglomerado en quente nas parroquias de San Adriano e Santo Tomé.
4 Xuño 2021
O Concello de Lourenzá estivo a facer esta semana traballo de aglomerado en quente en vías nas parroquias de San Adriano e Santo Tomé.
Máis concretamento no camiño de Iglesia de San Adriano a Chacote, de Chacote a Liñares, de Carballal a Camiño. O importe das obras ascende a 145.190 euros e financiadas con cargo ao Plan Unico do 2020 da Deputación de Lugo.