O Concello de Lourenzá destina 7.500 euros para actividades culturais das asociacións
AMariñaXa
O Concello de Lourenzá destina 7.500 euros para actividades culturais das asociacións municipais para o 2023
23 Feb 2023
Na última reunión Xunta de Goberno Local do Concello de Lourenzá aprobáronse as Bases da Convocatoria de Subvencións Municipais a asociacións do concello para a realización de actividades culturais durante o ano 2023. O importe a repartir entre as distintas asociacións será de 7.500 euros, aumentando así en 1.500 euros a cantidade concedida en anos anteriores.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anuncia que nos próximos días esta convocatoria aparecerá publicada no BOP (Boletín Oficial da Provincia) e a partir dese momento ábrese un prazo de vinte días naturais para poder presentar a solicitude e a documentación requirida.