O Concello de Lourenzá convoca un concurso de poesía polas Letras Galegas
O Concello de Lourenzá convoca un concurso de poesía co gallo do Día das Letras Galegas.
As obras, escritas en galego, serán presentadas de forma anónima, cos datos persoais do concursante (nome e apelidos, idade, enderezo e teléfono de contacto) introducidos nun sobre, que levará na parte exterior a categoría á que pertence. Só se admitirá unha obra por participante.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “este concurso está dirixido a persoas de todas as idades, divididas en tres categorías: ata 9 anos, de 9 a 14 anos e máis de 14 anos. Establécese un premio para cada categoría, consistente en 50 euros e unha figura institucional”.
Manuel Arango engade que “o prazo de entrega dos traballos, que deben presentarse na biblioteca municipal, remata o 14 de maio. As bases do concurso aparecen colgadas na páxina web do Concello”.