O Concello de Foz segue inmerso nas obras de mellora do municipio
O Concello de Foz segue inmerso nas obras de mellora do municipio así o comunicou o alcalde, Fran Cajoto, "segue en marcha a construción da ampliación da aula de seguridade vial para a Asociación de Discapacitados Virxe do Carme no porto".
Este novo espazo servirá para que a devantida asociación focega conte con mellores instalacións para a labor social que fan. Esta construción da edificación anexa á Aula de Seguridade Vial está financiada con fondos propios do Concello de Foz e foi adxudicada por un importe de 58.834,39 euros.
Recentemente tamén se puxo en valor a fonte de Ribela en Cangas dentro do plan de recuperación de fontes que se iniciou dende a Alcaldía.
Por outra banda, continúan os traballos de asfaltado e acondicionamento das estradas municipais e nesta ocasión foi o aglomerado no camiño de Trasmonte en Nois e o desbroce en Cangas, así como a preparación da explanada na nave municipal de Fazouro para o estacionamento de camións.