O Concello de Foz segue co seu traballo de mellora e acondicionamento do municipio
O Concello de Foz segue co seu traballo de mellora e acondicionamento do municipio e estes días estiveron levando a cabo o pintado de prazas no estacionamento do cemiterio de Foz con cargo a convenio coa Deputación, ou a instalación de marquesiña e suxeitacontenedores en Forxán e outra instalada gracias á petición do Concello na estrada LU-152 Ferreira-Foz á altura do barrio do Chao en Santa Cilla.
Tamén fixeron a construción de base e colocación de novo banco na rúa Valle Inclán, a reposición de sinal en Caritel en San Martiño e a sinalización na praza de Tregastel.
No tocante ás zonas verdes levaron a cabo a limpeza das fontes de Lousada en Fazouro e de Xinzo en Vilaronte, a limpeza de zonas e beirarrúas no parque empresarial en Fazouro con alumnos da Escola Obradoiro, hidrolimpeza no Paseo de Colón na Rapadoira, e a poda e limpeza na Espiñeira en Vilaronte.
Por outra banda xa están rematadas as fiestras, o alumeado e interiores na reforma do bar dos xubilados.