O Concello de Foz saca a licitación un plan de mellora de camiños en parroquias

Foz
AMariñaXa
 O Concello de Foz saca a licitación un plan  de mellora de camiños en parroquias por 136.000 euros que se suman a outras en execución
obras ribela cangas Foz
16 sep 2022

 O Concello de Foz saca a licitación un plan  de mellora de camiños en parroquias por 136.000 euros, que se suman a outras obras cun investimento de 290.000 euros que están en distintas fases de execución e licitación.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto anunciou a licitación de obras de inversión en distintas parroquias de Foz por 136.235,45 euros. O prazo de presentación e ofertas remata o 3 de outubro  e son financiadas con cargo ao Plan Único 2022 da Deputación de Lugo. “Estamos traballando para mellorar os viais e as infraestruturas en toda a zona rural do noso concello, na que hai uns 4.500 habitantes. Desde que estamos no goberno eliminamos a fenda dixital, xa que se conseguiu estender a fibra óptica polas nove parroquias de Foz. E neste contrato que sacamos a licitación incluímos obras ben importantes, como a renovación de firme en 450 metros de camiños nos barrios do Raxal e de Ribela, en Cangas, con aglomerado en quente; a renovación da rede de abastecemento e aglomerado en quente no barrio da Barrosa, en Nois; continuaremos co aglomerado en quente no barrio de Morgallón, en Fazouro, con case 400 metros de viais; procederase ao asfaltado de case 650 metros de camiños en San Acisclo con dobre rega asfáltica, no Redondo; en San Martiño, nos barrios dos Carrís e Vilacendoy, con 350 metros de viais con aglomerado en quente; e algo máis de 1 quilómetro de actuacións en Vilaronte, con dobre rega asfáltica nos barrios da Silvarosa, Mobrea e o Cal”, especifica o rexedor municipal.

SANEAMENTO EN MAÑENTE

Fran Cajoto engade: “quedan moitas actuacións pendentes, pero estamos a traballar para poder dotar a Foz dunha rede viaria e de servizos acorde cos tempos nos que vivimos. Neste sentido tamén están en licitación dúas actuacións de mellora do saneamento en Mañente, na parroquia de Vilaronte: está en contratación a execución dun colector xeral de saneamento no alto de Mañente, paralelo á estrada provincial LU-P-2004 para dar servizo a 5 vivendas que actualmente carecen de conexión á rede do alcantarillado. Trátase dunha actuación de case 15.000 euros para dispoñer un colector de PVC que se conectará á rede xeral de saneamento e permitirá dotar deste servizo a unha zona moi poboada”.

0.12565803527832