O Concello de Foz retomou as obras do bar dos Xubilados
O Concello de Foz segue coas obras de mellora do bar dos Xubilados que se atopan un pouco máis preto do seu remate. Ademais da renovación, a cafetería-bar independízase competamente do local de asuntos sociais e disporá dunha nova terraza.
Así, despois de distintos atrancos e da necesidade de reformular o sistema eléctrico para independizalo do resto do edificio, os operarios especializados estiveron a substituír os falsos teitos do local.
Segundo dixeran dende o Concello “tivemos unha demora pero procuramos facer as cousas ben e houbo que reformular o sistema eléctrico do local. O resultado vai ser moi positivo para o colectivo dos xubilados de Foz”.
Dende o Concello focego sempre apostaron por este colectivo "e vámolo seguir facendo", ademais espérase que se poida abrir pronto nun par de meses, para que "o colectivo de maiores poida volver a ter o seu local de referencia", engadiron dende o Concello.