O Concello de Foz repartirá 30 composteiros de uso doméstico

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Foz xestiona con Sogama o reparto de 30 composteiros de uso doméstico, que serán entregados nunha charla informativa organizada para o día 17 deste mes, martes, no salón de actos do Cenima.
4 Mar 2020

O Concello de Foz xestiona con Sogama o reparto de 30 composteiros de uso doméstico, que serán entregados nunha charla informativa organizada para o día 17 deste mes, martes, no salón de actos do Cenima.

O Concello de Foz está a xestionar con SOGAMA a entrega de 30 composteiros de uso doméstico, que pon a disposición daquelas persoas interesadas en participar no programa promovido pola empresa pública  e que ten por obxecto estender as prácticas de autocompostaxe a distintas vivendas unifamiliares de cara a lograr unha xestión máis sostible do lixo, minorando a cantidade de residuos depositada nos colectores xenéricos e contribuíndo a minimizar o excesivo uso de fertilizantes químicos mediante a obtención de compost orgánico.

Está aberta a lista para anotarse para a entrega de composteiros no  teléfono 982.133.159 ou na oficina de Medio Ambiente (avenida da Ribeira s/n) en horario de 9.30 a 13.00 horas, facilitando nome, enderezo onde se situará o composteiro e número de telefono. A lista permanecerá aberta ata o 13 de marzo, para que as persoas interesadas poidan anotarse para recibir os composteiros.

E o día 17 deste mes, martes, ás 19.00 horas no salón de actos do Cenima terá lugar unha charla informativa sobre a compostaxe doméstica, á que se convida a asistir ás persoas que solicitaron o composteiro ou queiran iniciarse na elaboración dun compost propio e ás que xa dispoñen dun e queiran resolver dúbidas. Nese acto realizarase a entrega dos 30 composteiros enviados por Sogama.

0.14852905273438