O Concello de Foz remata as melloras na praia da Rapadoira
A concelleira de Turismo, Kathy Navarro, anuncia que “remataron as obras do posto de socorro e dos baños da praia da Rapadoira, totalmente necesarias e que demandaba o equipo de socorrismo e os usuarios da praia. Procedeuse a renovar a fontanería, electricidade, pintura, alicatado e portas, tanto interiores coma exteriores, así como a instalación dunha ducha para uso do equipo de socorrismo”.
“Esperamos poder continuar con máis actuacións deste tipo dende a Concellería de Turismo”, rematou Kathy Navarro.
E o alcalde de Foz, Fran Cajoto, destaca o traballo da concelleira na solicitude da subvención e no seguimento dos traballos e explica que “a lexislatura pasada, grazas ao compromiso do Ministerio de Transición Ecolóxica, executouse o paseo entre Peizás e Pampillosa, orzamentado en 1,09 millóns de euros; diversas melloras na praia de Llas, por 412.000 euros; ou o miradoiro da Tamaniña, a senda no portiño de Nois ou a adecuación do entorno na Pampillosa, cun importe conxunto de 200.000 euros. E agora continuamos con esta reforma, de algo máis de 38.000 euros, financiada integramente por fondos Next Generation da UE xestionados pola Axencia de Turismo de Galicia”.