O Concello de Foz reforma a fonte de Conde Fontao

Foz
AMariñaXa
O Concello de Foz renovou a fonte de Conde Fontao, que xa non botará auga senón que será un novo motivo ornamental.
fonte conde fontao foz
5 Apr 2021

O Concello de Foz renovou a fonte de Conde Fontao, que xa non botará auga senón que será un novo motivo ornamental.

"Crimos moi necesario actuar nela, igual que tamén o vemos necesario na fonte do Campo da Cabana", explica o alcalde, Fran Cajoto. E é que a fonte levaba moitos anos sen auga, non funcionaba e ao non contar cun circuíto pechado, poñela a funcionar de novo suporía un gasto de auga potabilizada "inasumible tanto na parte económica como na medioambiental".

Ademais consideran que supoñía un risco para a seguridade, "xa que os nenos utilizaban a fonte para os seus xogos e unha caída podía derivar nun accidente serio". Outro dos motivos para tomar esta decisión era evitar converterse en "papeleiras improvisadas de lixo, como sucede noutros puntos".

"É por iso que se adoptou unha solución alternativa: poñer en valor a arquitectura das fontes, que conforman un punto focal e central dos nosos parques, coa utilización de elementos florais e vexetais. Somos moi respectuosos -o que non aconteceu sempre en Foz- coas obras de outros gobernos, por iso estamos actuando en obras de conservación e mellora como as letras de Foz ou distintos balaústres que foron recentemente renovados", explica.

"Dar as grazas aos traballadores municipais que participaron neste traballo, ben executado. As opinións sobre a fonte axardinada son e deben ser diversos: eu particularmente estou moi satisfeito co resultado final dunha actuación alternativa, ante a imposibilidade de que a fonte mane auga nestes momentos...e máis en primavera", conclúe.

OUTRAS OBRAS

Neste mes, o Concello acometeu outros traballos como as beirarrúas nas curvas das Cartoneras en Vilaxoane, renovación de mesas no merendeiro dos xardíns da Rapadoira, limpeza de cunetas na subida a Vilela en San Martiño, limpeza dos parques da Ponte de Ferro e Ponte Vella en Fazouro, segado parque de Cordido, desbroce e limpeza da fonte de Neixas no Chao en Santa Cilla e muíño de Ver en San Martiño, así como a hidrolimpeza de beirarrúas e mobiliario en Pintor Laxeiro.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18935394287109