O Concello de Foz realizou unha nova intervención arqueolóxica

Foz
AMariñaXa
O Concello de Foz realizaou unha nova intervención arqueolóxica continuando os traballos realizados na zona do Carreiro en Marzán
foz marzan vista aerea  intervención arqueolóxica
11 Out 2022

O Concello de Foz realizou unha nova intervención arqueolóxica continuando os traballos realizados na zona do Carreiro en Marzán nos anos 2020 e 2021, para catalogar os restos que poidan aparecer no xacemento.

Os traballos foron financiados a través do convenio asinado entre o Concello de Foz e área de Medio Rural da Deputación de Lugo. O obxectivo do convenio e lograr que ditos xacementos costeiros sexan caracterizados antes da súa posible destrución pola acción erosiva do mar. Recoller o maior número de mostras co fin de ser depositados e conservados no arquivo do Museo provincial de Lugo, e obter información da súa vinculación coa práctica da agricultura e pesca na zona.

0.17558813095093