O Concello de Foz reabríu os parques infantís do casco urbano e das parroquias

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Foz procedeu á reapertura dos parques infantís no casco urbano e parroquias o día previo de San Xoán.
f
24 Xuño 2020

O Concello de Foz procedeu á reapertura dos parques infantís no casco urbano e parroquias o día previo de San Xoán.

O rexedor municipal anuncia que “nos parques abertos disponse un cartel informativo indicando as normas de hixiene e de uso do espazo así como o aforo máximo permitido, que se debe respectar. As instalacións de uso común de cada parque serán desinfectadas diariamente, tarefa asumida por traballadores municipais. Quero incidir en que a reapertura dos espazos públicos non significa que a crise sanitaria marchara; é máis, nestes momentos debemos ser máis responsables ca nunca. Depende do noso comportamento individual evitar un novo brote colectivo, que ninguén desexa”.

Fran Cajoto tamén indica: “estase traballando na sinalización e preparación das praias para este verán, bastante diferente ao doutros anos. Neste sentido quero destacar que, pese ás dificultades, os traballos están moito máis avanzados que o ano pasado, cando nos encontramos con todo sen facer e os paseos sen desbrozar. Este ano haberá incomodidades como o peche de duchas e lavapés, dentro das medidas sanitarias impostas polos protocolos de prevención do COVID-19”.

0.13697385787964