O Concello de Foz propón gozar do teatro e a maxia

Foz
AMariñaXa
Oferta dúas representacións para que pequenos e maiores desfruten ao máximo
foz-DA-PROGRAMACIÓN-CULTURAL-DE-OUTONO-EN-FOZ
15 Nov 2024

Esta fin de semana o Concello de Foz trae dúas representacións para que pequenos e maiores disfruten ao máximo. A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “este venres, chegará a compañía Galeatro coa obra Wombo Combo, unha historia sobre a relación dos nenos cada vez máis coa tecnoloxía e o virtual é menos no real. Unha historia na que a vida mesma se nos expón nas contradicións e dificultades do hoxe. Será na Casa da Cultura ás 18.30 horas, para público a partir de 5 anos e gratuíta”.

Tamén destaca que o domingo 17 chega a maxia da man do mago Joshua Kenneth. Na Sala Bahía ás 12.00 horas poderán ver unha selección de imposibles, con elementos visuais e poéticos como as pompas de xabón, os panos de seda ou as sombras chinesas. “É para todos os públicos. O prezo é de 2 euros para os pequenos e de 3 euros para os adultos”, apunta.

“Esta finde os máis pequenos poderán gozar de diferentes actividades. Agora que chegou o frío a nosa mente debe seguir imaxinando e descubrindo cousas novas. A maxia da cultura agárdate en Foz”, finaliza Inés López Couto.

 

0.1172571182251