O Concello de Foz organiza un ciclo de charlas médicas

Foz
AMariñaXa
Contará con catro especialistas do Hospital Público da Mariña
021124 O ALCALDE DE FOZ E A CONCELLEIRA DE SANIDADE PRESENTANDO O CICLO DE CHARLAS MÉDICAS
2 Nov 2024

O Concello de Foz organiza un ciclo de charlas médicas que se celebrarán os mércores 13, 20 e 27 de novembro ás 20.00 horas no salón de actos da Casa da Cultura.

A concelleira de Sanidade, Comercio e Turismo, Kathy Navarro, anuncia: “O mércores día 13 contaremos con Paloma Dorado López e Marina Bustelo Fernández, pediatras do Hospital Público da Mariña, nunha charla na que abordarán a actualización en vacinación infantil. O mércores día 20 a farmacéutica do Hospital da Mariña, Lucía Grandío Leivas, achega a charla titulada 'Antibióticos, por que non sempre?'”.

E rematarán as charlas médicas o mércores día 27 con Alba Doporto Fernández, neuróloga do Hospital Público da Mariña, que falará das Enfermidades neurolóxicas asociadas a idade. O Concello de Foz agradece a colaboración do Hospital Público da Mariña que “fai posible que ano tras ano se celebren estas charlas nas que se acerca o coñecemento e o traballo dos seus profesionais á poboación”.

0.17924880981445