O Concello de Foz organiza a VIII Feira de Gando de Cangas
O Concello de Foz organiza a oitava edición da Feira de Gando de Cangas, que se celebrará o este domingo, 21 de agosto. Neste evento haberá diferentes actividades, desde as 10.00 horas, como paseos gratuítos a cabalo, exposicións de maquinaria e artesanía, e premios aos gandeiros con maior número de cabezas de gando vacún e cabalar, entre outros actos.
A feira terá lugar na área recreativa dos Castros de Cangas e contará cunha carpa, na que se poderá degustar polbo á feira, xamón cocido e churrasco, entre outras cousas.
Como todas as feiras é normal que teñan os seus premios e haberá premios para os gandeiros con maior número de cabezas de gando vacún e cabalar, aos mellores cabalos, eguas e exemplares de vacún, para o cabaleiro e amazona máis novo e para o cabaleiro de máis idade, e para os animais peculiares.
Ademais haberá as carreiras de cabalos de andadura chapeada e andadura serrada nas que se repartirán premios por un total de 600 euros.