O Concello de Foz leva a Pleno os pagos da selectividade dos últimos 10 exercicios

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Este xoves, 4 de xuño, celébrase en Foz o pleno correspondente ao mes de maio, no que un dos puntos da orde do día é o recoñecemento extraxudicial de crédito, no que se inclúen facturas do ano anterior que non puideron ser pagadas debido a inexistencia de crédito.
4 Xuño 2020

Este xoves, 4 de xuño, celébrase en Foz o pleno correspondente ao mes de maio, no que un dos puntos da orde do día é o recoñecemento extraxudicial de crédito, no que se inclúen facturas do ano anterior que non puideron ser pagadas debido a inexistencia de crédito. Tamén se tratará a aprobación dos pagos da Selectividade dos últimos dez exercicios.

A concelleira de Facenda, Inés López Couto, explica que “a nova corporación recibiu un orzamento sen diñeiro nunha cantidade moi elevada das partidas económicas ou con gastos comprometidos que se tiveron que executar e houbo que reducir os gastos desaforados e innecesarios que se facían. Aínda así a irresponsabilidade da anterior corporación deixou unha herdanza de máis de 10 exercicios do Selectivo sen pagar. O Concello de Foz adebeda máis de 18.000 euros en concepto de pago de gastos da Selectividade dos alumnos do IES de Foz. Cando chegamos ao Concello atopámonos coa desagradable noticia de que o Concello de Viveiro levaba anos reclamando a Foz os importes da Selectividade, sen que a anterior corporación fixera nada por saldar esta débeda.”

Inés López Couto salienta que “é curioso ter que entrar como concelleira e darte de conta de que a túa Selectividade está sen pagar. No ano 2009 acudía a Viveiro cos meus compañeiros de promoción para realizar a proba e estamos no 2020 e seguen eses gastos sen pagar. Para min foi unha necesidade que Foz salde as súas débedas e que os alumnos de sucesivos anos saiban que o Concello responderá a partir de agora.”

0.12232494354248