O Concello de Foz inicia as obras dun novo vial que conectará As Torres coa praia de Llas

O Concello de Foz iniciou as obras para a construción dun novo viario que conectará o estacionamento das Torres coa estrada que une o cámping de Llas coa rúa de Sarria. Esta actuación, cun orzamento de 67.678 euros, está financiada con cargo ao Plan Deputación 2024, e busca mellorar a accesibilidade e a mobilidade na zona.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explicou que a obra ten como obxectivo abrir a urbanización de As Lagoas (As Torres) á praia de Llas e ao paseo marítimo. “Con esta obra imos abrir a urbanización de As Lagoas (As Torres) á praia de Llas e ao paseo marítimo, facilitar a saída do estacionamento das Torres e mellorar a accesibilidade dos veciños da zona aos seus garaxes,” afirmou Cajoto, destacando as melloras que se conseguirán unha vez rematada a actuación.
A intervención tamén inclúe a creación dun camiño peonil que conectará co paseo marítimo xa realizado e que é utilizado diariamente por moitos veciños para camiñar cara a Llas. O novo viario contará cunha saída para vehículos, mellorando a circulación e a seguridade na zona. “Unha vez rematada, imos dispoñer dun viario de saída para os vehículos e un camiño peonil, que conectará coa senda xa realizada e que é utilizada diariamente por moitos veciños que camiñan cara a Llas,” explicou o alcalde.
Ademais, a instalación de novas farois permitirá recuperar a zona traseira da urbanización, que se atopa actualmente degradada. Cajoto subliñou que “gracias tamén a novas farois imos a recuperar unha zona traseira, degradada, abríndoa ao uso e gozo de todos”, mellorando así a calidade do espazo público e facendo que sexa accesible para toda a veciñanza.
Unha vez concluídas as obras, a nova infraestrutura mellorará notablemente a accesibilidade e seguridade na zona, converténdose nunha actuación estratéxica para o desenvolvemento e mellora do entorno urbano de Foz.