O Concello de Foz expón a consulta pública o proxecto da autovía A-74 entre O Carme e Barreiros

AMariñaXa
O trazado de 6,3 quilómetros contará con dous carrís por sentido e un investimento de máis de 123 millóns de euros
proxecto-autovia-a74-mariña
11 Feb 2025

O Concello de Foz ten dispoñible para consulta pública, desde o pasado venres e durante vinte días hábiles, o proxecto de trazado do tramo O Carme - Barreiros da autovía A-74. A nova infraestrutura terá unha lonxitude de 6.360 metros, contará con dous carrís por sentido e suporá un investimento de 123,65 millóns de euros para a execución das obras. Ademais, o orzamento destinado ás expropiacións ascende a 8,35 millóns de euros.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, ponse a disposición dos veciños para facilitarlles toda a información necesaria sobre o proxecto. Desde o Concello están a proporcionar copias da planimetría e fichas descritivas das fincas expropiadas a todas aquelas persoas afectadas que o requiran. As expropiacións afectan, principalmente, ás zonas de A Baesta, en Vilaronte, e O Carme, en San Martiño, así como aos montes que conectan estas áreas ata chegar ao río Masma, que será atravesado por un viaduto augas arriba da Finca A Goleta.

O Concello convida a todas as persoas interesadas a consultar o proxecto e resolver dúbidas sobre o impacto do trazado no municipio.

0.17102885246277