O Concello de Foz convoca 5 empregos de persoal laboral temporal

Foz
AMariñaXa
O Concello de Foz convoca 5 empregos temporais: 3 de peóns de servizos múltiples, un de condutor e outro de auxiliar de servizos múltiples.
27 Feb 2021

O Concello de Foz convoca  cinco empregos de persoal laboral temporal: tres de peóns de servizos múltiples, un de peón condutor e outro de auxiliar de servizos múltiples.

Esta convocatoria é posible grazas a participación do Concello focense no Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2020 da Deputación de Lugo, que contempla unha achega para este municipio de 100.894 euros, dentro do programa de fomento do emprego.

As tres prazas de peóns operarios de servizos múltiples son para un período de 6 meses, a de peón condutor é para 7 meses e a de auxiliar de servizos múltiples para 3 meses, todas elas a xornada completa.

A concelleira de Emprego, Inés López Couto, explica que “para optar a estas prazas os interesados deberán presentar solicitude no Concello. O prazo remata este vindeiro mércores, 3 de marzo”.

0.20426988601685