O Concello de Foz construirá as primeiras pistas de petanca da Mariña

Foz
AMariñaXa
O Concello de Foz construirá dúas pistas de petanca, que son as primeiras da Mariña e terán 15 metros de lonxitude e 4 de anchura
petanca pista nova Foz 2022
3 Out 2022

O Concello de Foz inaugurou as primeiras pistas de petanca da Mariña. Son de dimensións regulamentarias (15 por 4 metros) e están situadas no parque de Uxío Novoneyra, remodelado recentemente.

A construción das primeiras pistas de petanca da Mariña enmárcase nun proxecto máis amplo do Concello de Foz que “pretende converter o municipio nun lugar amable, cómodo para vivir e con actividades durante todo o ano para os maiores. As pistas de petanca son para todas as idades, pero este xogo é idóneo para manter a actividade física en persoas que cumpriran xa certa idade. Estamos a ultimar as obras tamén do Bar dos Xubilados, co obxectivo claro de fomentar a sociabilidade e os puntos de encontro entre os nosos maiores, e retomamos tamén no mes de setembro o Baile dos Domingos na Sala Bahía, aínda que se vai ver interrompido temporalmente polas obras de mellora da sala”, indica o alcalde.

Pista petanca Foz
0.17966818809509