O Concello de Foz conmemorará o 25N cunha ofrenda floral

Foz
TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Foz conmemorará o 25N cunha ofrenda floral, o acto terá lugar ás 20:30 na Praza do Concello
24 Nov 2020

Este mércores, 25 de novembro, o Concello de Foz organizará un acto para a conmemoración  do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. O acto terá lugar ás 20:30 na Praza do Concello e consistirá nunha ofrenda floral ás  41 vítimas de violencia machista contabilizadas de xeito oficial neste ano 2020. 

A concelleira de Muller e Igualdade, María Milagros Louzán García, explica que “aínda que no acto se recordarán estas 41 vítimas mortais oficiais nomeándoas expresamente, o Concello de Foz non quere deixar no esquecemento a todas as mulleres que a diario sofren violencia psicolóxica, física, sexual ou de calquera outra índole. Polo tanto o acto servirá de homenaxe a todas as mulleres e nenas que en calquera lugar do mundo sofren agresións, violacións, son obrigadas a casarse ou a prostituírse, e tamén a todos aqueles menores que son testemuñas da violencia machista a diario facendo que a súa vida sexa un auténtico inferno de medo e desesperación”.

0.19384384155273