O Concello de Foz comezou a programación de teatro das festas de Nadal
O Concello de Foz comezou estes días coa súa programación de teatro durante as festas de Nadal para todas a veciñanza. Así, continuará o sábado 18 de decembro coa obra de teatro Pinconús unha comedia musical diferente para toda a familia.
A seguinte representación teatral será o domingo 26 a cargo de Teatro O Cubo, a obra en cuestión é Ningures, na que Rita e Denis coñécense nas portas de Ningures, unha realidade para a que levan esperando moito tempo.
O xoves 30 na Sala Bahía ás 18.00 horas será a quenda de EME2 e a súa obra Semente, O home que plantaba árbores. Unha historia inesquecible sobre o poder que o ser humano ten de influenciar o mundo ao seu redor que narra a vida dun home e o seu esforzo solitario, constante e paciente, para facer do lugar onde vive un lugar especial.