O Concello de Foz busca rei ou raíña do Entroido 2023

Foz
AMariñaXa
O Concello de Foz informau que xa está aberto o prazo de inscrición para a elección de quen será o novo rei ou raíña do Entroido de Foz 2023.
1 Vindeiro rei reina Entroido Foz 2023
1 Vindeiro rei reina Entroido Foz 2023
31 Ago 2022

O Concello de Foz informau que xa está aberto o prazo de inscrición para a elección de quen será o novo rei ou raíña do Entroido de Foz 2023.

"Remata agosto e leva consigo un verán excepcional, pero xa temos a vista posta en febreiro, no noso queridísimo Entroido", din dende o Concello.

O único requisito é ter máis de 18 anos e anotarse antes do 16 de setembro. Para inscribirse hai que escribir ao correo electrónico onosofoz@gmail.com cos datos persoais e dúas ou máis fotografías recentes.

A elección terá lugar o 22 de outubro nun acto público do que darán máis información nos próximos días. Dende o Goberno local animan a participar e "desfrutar dunha experiencia incrible".

Vindeiro rei reina Entroido Foz 2023
0.12969088554382