O Concello de Foz busca cinco profesores para a escola de música
O Concello de Foz vén de abrir o proceso selectivo para a contratación temporal de cinco profesores para a escola de música.
Esta convocatoria ábrese para impartir clases de saxofón, piano e música en movemento, vento-metal, clarinete e violín.
Os profesores comezarán a traballar en outubro e as persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes no rexistro xeral do
Concello. A relación definitiva de candidatos admitidos e excluídos publicarase no taboleiro de anuncios do Concello e na web municipal.
O procedemento de selección dos aspirantes contará con dúas fases, a primeira, a de oposición e a segunda de concurso. A puntuación total do proceso será a suma da obtida en ambas fases. O Concello lembra que as bases poden consultarse na web muncipal.