O Concello de Foz atopa máis de 150 quilos de lixo na limpeza da praia de San Pedro de Cangas
Unha vez máis, Foz celebrou a XII Simultánea de Praias, unha iniciativa organizada por ADEGA coa colaboración dos Departamento de Medio Ambiente e Medio Rural de Foz. Nesta edición, que tivo lugar o pasado 7 de outubro, atoparon máis de 150 quilos de lixo na praia de San Pedro de Cangas.
A praia é de de difícil acceso, polo que a limpeza faise mais complexa. Porén os participantes foron quen de atopar aparellos de pesca, envases de todo tipo, gomas como ducias de solas de zapatos e numerosos pneumáticos.
O obxectivo principal é concienciar á sociedade da problemática dos residuos no medio mariño e da necesidade da reducción de plásticos e envases a través dunha actividade que moviliza a un gran número de persoas en toda Galiza nun mesmo día
Dende o Concello de Foz queren trasladar o seu agradecemento a todas as persoas voluntarias que adicaron a mañá do sábado y á protección destes ecosistemas tan valiosos como ameazados.