O Concello de Foz anunciará o novo rei ou raíña do Entroido 2024 o 21 de outubro
AMariñaXa
Extinguido o incendio de Foz, o Concello continúa preparando o seu Entroido 2024.
16 Oct 2023
Extinguido o incendio de Foz, o Concello continúa preparando o seu Entroido 2024. A elección do rei ou da raíña será o vindeiro 21 de outubro na sala Bahía.
A apertura de portas será ás 19.00 horas. O prezo de entrada, que se debe abonar para poder exercer o dereito a voto, é de 2 euros. Os menores de 14 anos entran gratis. O concurso dará comezo ás 20.00 horas.
A partir das 22.30, terá lugar a festa a cargo do Dj Alejandro Martínez, que se interrumpirá momentaneamente ás 00.30 horas para anunciar o novo rei ou raíña do Entroido 2024.
O evento inclúe cea da man de Espacio Machete e servizo de barra. Os organizadores animan aos asistentes a asistir caracterizados.