O Concello de Foz adquiriu mesas, bancos e valos para utilizar en diferentes eventos

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
7 Feb 2020

O Concello de Foz anuncia a recente adquisición, con cargo ao Plan Único da Deputación 2019, de material para distintas festas e eventos.

O alcalde focense, Fran Cajoto, destacou “o aforro que supón dispoñer en propiedade do material máis empregado xa que permitirá amortizar en pouco tempo o custo do aluguer que se viña realizando de forma habitual. O Concello incrementa o seu equipamento con mesas e bancos apilables de gran calidade e de moi fácil colocación para 480 comensais, así como 233 valos que se poderán utilizar para a sinalización de obras e calquera tipo de evento ou proba deportiva. É moi importante ter en propiedade o material máis empregado, pola gran dispoñibilidade e polo aforro que supón”.

O Concelleiro de Cultura, Educación e Festas, Héctor Moris, resaltou o gran número de asociacións veciñais, culturais e deportivas que programan actividades ao longo de todo o ano e que piden apoio ao Concello: “estas adquisicións permítennos mellorar na calidade da atención a todas as asociacións, que son o verdadeiro pulmón de Foz; é a xente a que dá vida a calquera festa como queda demostrado coa enorme dimensión que acadou o noso Entroido”. 

0.18604612350464