O Concello de Cervo vai renovar o acabado exterior da Casa do Mar de San Cibrao

AMariñaXa
O concello de Cervo vai renovar o acabado exterior da Casa do Mar de San Cibrao. O orzamento ascende a máis de 48.000 euros
COMIDA MAIORES FOZ
1 Abr 2022

O concello de Cervo vai renovar o acabado exterior da Casa do Mar de San Cibrao. O rexedor Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés, a concelleira de Servizos Sociais, Pilar Armada, e a concelleira de obras, Mali Méndez, desprazáronse ata a localización onde se levará a cabo esta actuación.

O proxecto da obra contempla a consecución dunha renovación completa do acabado exterior da Casa do Mar de San Ciprián, executando o saneamento da fachada e acabando unitariamente a edificación.

A renovación acometerase en tres puntos esenciais, que son a fachada principal, o paramento vertical exterior e os aleiros laterais e exteriores. O orzamento desta actuación elévase ata os 48.140 euros.

O rexedor, Alfonso Villares, salientou que “a Casa do Mar é unha instalación capital no noso municipio, albergando, en primeiro lugar, a Escola Infantil Municipal, acollendo tamén varias das actividades enmarcadas nas Escolas Deportivas Municipais e sendo o berce e o motor de moitas asociacións da nosa vila, que desempeñan alí labores culturais e sociais”.

Segundo o alcalde, “con esta actuación melloramos unha infraestrutura municipal que redunda no beneficio de toda a veciñanza, posto que alí se prestan servizos á poboación ao longo de todo o ano”. 

0.19419717788696