O Concello de Cervo ten aberto o prazo para a Escola Infantil

O documento para a formalización pode recollerse no mesmo Concello, na Casa da Cultura ou descargarse a través do seguinte enlace.
As familias teñen ata o vindeiro 23 de maio para formalizar a súa inscrición para o vindeiro curso.
A Escola Infantil Municipal de Cervo sitúase na planta baixa da Casa do Mar de San Ciprián na cal podemos atopar tamén diferentes dependencias que son empregadas para diferentes actividades de carácter social así como ao uso das asociacións veciñais.