O Concello de Cervo suspende a XXIX Festa do Ourizo
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
11 Mar 2020
O Concello de Cervo informa que a XXIX Festa do Ourizo que se ía celebrar este sábado, 14 de marzo, en San Cibrao, suspéndese ante a emerxencia sanitaria provocada polo Coronavirus, a espera da evolución dos acontecementos.
A XXIX edición da Festa do Ourizo celébrase desde hai 28 anos no mes de marz, pero ante a situación actual, na que se están a tomar medidas de fronte ao virus, o Goberno local decidiu que é mellor non celebrala polo momento para evitar riscos.
Ademais, queda suspendido o masterchef infantil e o show cooking.