O Concello de Cervo reforza o seu equipamento de protección e seguridade

AMariñaXa
O Concello de Cervo vén de reforzar o seu equipamento de protección e seguridade cun vehículo bomba urbana lixeira
reforza equipamento proteccion civil Cervo
9 Xuño 2022

O Concello de Cervo vén de reforzar o seu equipamento de protección e seguridade cun vehículo bomba urbana lixeira que supuxo un investimento por parte da Xunta de Galicia de 150.000 euros.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Protección Civil, Alfredo Fernández, e o responsable do GES, Mario Antuña, recibiron esta nova dotación da man do vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, nun acto que tivo lugar en Friol.

O novo vehículo, tal e como explicaron, está especialmente deseñado para a súa adaptación a terreos con zonas de paso estreitas; ten capacidade para tres persoas e “facilitará o transporte de auga no caso da extinción de pequenos lumes, ao contar cunha cisterna con capacidade para 1.260 litros”.

O rexedor quixo agradecer á Xunta de Galicia unha vez máis o seu compromiso con Cervo, neste caso reforzando os medios de seguridade e protección para a cidadanía.

0.19337511062622