O concello de Cervo realiza melloras no parque da capital do municipio
TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Cervo acomete estes días traballos de limpeza integal, saneado e tratamento da pedra, da madeira, do mobiliario e dos elementos de xogo instalados no parque de Cervo.
28 Abr 2019
O Concello de Cervo acomete estes días traballos de limpeza integal, saneado e tratamento da pedra, da madeira, do mobiliario e dos elementos de xogo instalados no parque de Cervo.
O rexedor, Alfonso Villares, o edil de Obras, Plácido Pérez, e a de Educación, Dolores García Caramés, supervisaron a actuación que supón un investimento de algo máis de 7.000 euros, todos eles procedentes de fondos municipais.
Villares precisou que para o Concello é fundamental traballar para manter nas mellores condicións todos os espazos públicos e zonas de esparexemento da veciñanza, e esta actuación responde a ese obxectivo de incidir na conservación destas zonas destinadas ao desfrute de todos/as.