O Concello de Cervo realiza melloras na rede viaria da parroquia da Rúa
O Concello de Cervo acomete estes días traballos de mellora de distintas arterias de comunicación na parroquia de Rúa. En concreto, estase a actuar nun tramo de 745 metros lineais cuxa superficie total ascende a 2.831 m².
A alcaldesa, Dolores García Caramés, achegouse ata a zona para ver in situ a actuación, acompañada polo pedáneo de Rúa, Ramón Elemparte, e que supón unha mellora da rede viaria desta parroquia e que está cofinanciada pola Xunta de Galicia, con fondos AGADER dentro do Plan Marco de Melloras de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas e que supuxo un investimento de algo máis de 25.000 euros-25.771,33 euros concretamente-.
Caramés apuntou que a actuación servirá para mellorar o firme destes camiños para axeitalos ás características do tráfico rodado que soportan estas pistas que sufrían un importante deterioro polas condicións climatolóxicas ás que foron sometidas; e tamén está prevista a mellora da seguridade viaria coa instalación de elementos de sinalización vertical.
A alcaldesa volveu poñer en valor este tipo de obras coas que pretendemos equilibrar os servizos das zonas rurais e urbanas, conseguindo unhas aldeas máis seguras, accesibles e confortables para o día a día da veciñanza, e tamén como un impulso para favorecer o establecemento de novas familias nestas zonas.