O Concello de Cervo prepara unha divertida e terrorífica fin de semana para celebrar o Samaín

AMariñaXa
O Concello de Cervo prepara unha divertida e terrorífica fin de semana para celebrar o Samaín que comezará hoxe venres 29
samain cervo 1
29 Out 2021

O Concello de Cervo prepara unha divertida e terrorífica fin de semana para celebrar o Samaín que comezará hoxe venres 29 haberá unha sesión de cine na casa da cultura ás 20.00 horas. Desfrutarase da película infantil Monster House.

O sábado 30 ás 12.30 horas na carpa situada na praza do Souto de Cervo haberá un Contacontos de medo,e pola tarde de 17.00 a 20.00 horas na praza dos Campos de San Cibrao será a festa infantil.

Para participar haberá que anotarse na casa da cultura de San Cibrao ou mandando un Whatsapp ao 691 656 600.

O domingo 31 volverá o cine á casa da cultura ás 20.30 horas, nesta ocasión poderase visionar La Purga: La noche de las bestias.

Así mesmo, o domingo pola tarde e ata ás 21.00 horas na sala de exposicións de Saragdelos haberá unha festa organizada pola Asociación A Fervenza de Saragdelos.

samain cervo
0.2072160243988