O Concello de Cervo pon en marcha unha nova edición do campionato de tute e parchís polo 8M

AMariñaXa
As partidas desenvolveranse na cafetería da Casa do Mar e culminarán cunha entrega de premios durante a cea conmemorativa polo Día da Muller
tute-e-parchis-cervo-8M-2025
21 Jan 2025

O Concello de Cervo pon en marcha unha nova edición do campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller, unha actividade que busca promover a participación e a diversión entre as mulleres do municipio.

As interesadas poderán inscribirse ata o 31 de xaneiro na Casa da Cultura de San Cibrao ou a través do teléfono 982 595 157.

As partidas desenvolveranse na cafetería da Casa do Mar e culminarán cunha entrega de premios durante a cea conmemorativa polo Día da Muller.

Este evento combina lecer e recoñecemento, destacando a importancia desta data. O obxectivo é fomentar o encontro e a camaradería, mentres se celebra o papel fundamental da muller na sociedade.

0.076866149902344